Ante a proliferación de ordenanzas municipais que gravan a actividade
forestal, lastran a rendibilidade dos propietarios e a competitividade
das empresas, o sector quere denunciar que discriminación, provocan
inseguridade xurídica e poñen en risco a xeración de riqueza nas
comarcas rurais.
Estas ordenanzas impoñen limitacións e prohibicións, licenzas ou
autorizacións co abono das correspondentes taxas, novos rexistros
empresariais, fianzas ou avais que superan en moitos casos o valor da
madeira obxecto da corta e, finalmente, deseñan un réxime sancionador.
A lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia derroga estas
ordenanzas municipais para os aproveitamentos forestais. Sen embargo, 80
concellos teñen en vigor esta lexislación e outros 20 queren aprobar
novas medidas.
Confemadera Hábitat Galicia quere subliñar que estas ordenanzas:
— Discriminan a actividade forestal, porque non se aplican a outros sectores primarios, nin industriais
— Reducen a competitividade das pequenas e medianas empresas da
comarca por incremento da tramitación administrativa e dos custes (taxas
e avais)
— Empobrecerán o medio rural galego, xa que os propietarios
forestais obterán unha menor rendibilidade e os negocios locais
(talleres, ferraxerías, bares…) verán reducida a súa actividade
— Son oportunistas. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en
52 concellos a actividade forestal representa o 30% das industrias
asentadas, e noutros 6 representa o 50%. En moitos destes concellos
existen estas ordenanzas e declaran a mobilización de madeira como
“actividade extraordinaria”
O sector forestal espera que se cumpra a lexislación vixente e pide
ós concellos que eliminen obstáculos para un sector estratéxico no medio
rural galego. Só así se poderá manter a actividade económica deste
sector que, no ano 2012, permitiu a máis de 54.000 propietarios galegos
obter 250 millóns de euros pola venda de madeira, empregou a 20.000
traballadores e xerou máis de 50.000 postos de traballo indirectos.
martes, julio 23, 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario